ZONA DE DIFÍCIL ACCESO
Rescatada una mujer tras sufrir una caída en la Ruta dos Muíños, en Lobios
MÁIS DE MIL RACIÓNS
Lobios puxo o broche ao seu programa de actividades de verán coa celebración da XXVII Festa dos Callos Limiaos, unha cita gastronómica que reuniu este domingo a veciños, retornados durante as vacacións e visitantes.
O cociñeiro Tomás Fernández preparou, xunto ao seu equipo, máis dun milleiro de racións deste prato tradicional, repartidas entre as servidas no pavillón polideportivo e as que moitos asistentes optaron por levarse a casa. A previsión axustouse á demanda, como confirmou a alcaldesa, María del Carmen Yáñez, quen sinalou que o respecto pola tradición é o que mantén viva esta festa: “Os callos prepáranse aquí mesmo, seguindo a receita tradicional e típica da nosa zona, con moito cariño”.
A xornada combinou a súa esencia culinaria cunha feira de artesanía, actuacións musicais e unha festa acuática para os máis pequenos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ZONA DE DIFÍCIL ACCESO
Rescatada una mujer tras sufrir una caída en la Ruta dos Muíños, en Lobios
DERRUBO DUN HÓRREO
Vilameá: cando o abandono rural supón perder a memoria
CUARTA EDICIÓN
Lobios celebra a cultura do millo coa IV Festa da Respiga
V ENCUENTRO
Lobios reunió educadores de España y Portugal
Lo último