A Raia celebra os seus lazos compartidos na III Festa da Respiga de Lobios
DESFILE DE ENTROIDOS
A asociación cultural Os Follateiros celebrou en Lobios unha nova Festa da Respiga que puxo en valor os lazos comúns arraianos entre vilas fronteirizas de Galicia e Portugal
Lobios viviu este domingo unha gran celebración arraiana coa III Festa Etnográfica da Respiga, unha xornada organizada pola asociación cultural Os Follateiros que uniu tradición, música, gastronomía e amizade entre vilas galegas e lusas fronteirizas.
O día comezou ás 11,00 horas coa apertura da feira de artesanía e o animado desfile de entroidos, no que que os convidados Farrangalheiros de Castro Laboreiro e os Cabreiros de Muíños uníronse aos Follateiros anfitrións. Un percorrido cheo de cor e música pola rúa principal, da residencia ata a Praza Roxa.
Á mañá tamén tivo lugar o III Concurso Internacional da Respiga, con probas singulares como “facer un canastro”, “debullar oito espigas” ou “respigar ata conseguir 30 espigas”, nas que os participantes amosaron as súas habilidades.
A festa completouse con mostras de cestería ou de como facer a rastra de millo, gastronomía galaico-americana e as actuacións do Rancho Folklórico de Castro Laboreiro, Os Afinantes e Os Rampeiros
A xornada pechouse cunha foliada aberta, reafirmando o espírito de exaltar os “lazos de amizade entre os pobos dos dous lados da fronteira”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
15 AÑOS DE DISPUTA
El Parque Natural do Xurés recupera su espacio protegido en Lobios
TRAUMATISMOS Y FRACTURAS
Herido grave y trasladado un hombre al volcar su tractor en Lobios
Lo último
renuncia de starmer
Andy Burnham, nuevo primer ministro de Reino Unido
EN EL CANTÁBRICO
Terremoto en Galicia: un temblor se deja notar en Estaca de Bares
CAMPAÑA DE VIGILANCIA
¿Cómo es la oruga desfoliadora del maíz que preocupa en el campo?