DIPUTACIÓN DE OURENSE
El campo de fútbol de Lobios luce nuevo césped
BIBLIOTECA
Coñecemento, arte, cultura, ficción e lecer conforman os principais contidos dunha biblioteca que, tras media vida na diáspora -en Barcelona e en Oviedo, principalmente- Xosé Fernández Vázquez atesourou como froito da súa paixón como lector dos autores galegos e internacionais: figuras clave do Rexurdimento, premios Nobel de Literatura, coleccións de clásicos, revistas... Sen que falte un amplo abano de autores que publican os seus libros primeiros á procura de abrir o seu propio camino no eido das letras.
Nacer nunha casa onde non había un libro, na Galiza da posguerra, foi o xermolo desta decisión altruísta. Preguntado polos motivos que o levaron a se desprender do seu “tesouro material” máis querido, Fernández Vázquez recoñece que “claro que me custa privarme da súa compaña! Pero penso que todos somos aves de paso. E de aquí a pouco case ninguén se lembrará de nós. A non ser que deixemos mostras do que amamos en beneficio dos demais. Entón, se se pode facer algún ben, algo que axude a mellorar a vida dos coetáneos e dos que nos sucedan, sobre todo a prol da intelixencia, da sensibilidade e da ledicia entre a xente, e en particular na mocidade, como as que se conteñen nas páxinas deses libros amigos, por que non facelo?”.
Así o afirma, agradecido por todas as ensinanzas, vivencias e bos intres pasados entre as historias deses todos os, unha cuarta parte en lingua galega o restante en castelán. “Eu non os lin todos, obviamente, nin os aproveitei como merecen. Pero todos pasaron polas miñas mans e acompañaron a miña vida como prendas de silencio, de imaxinación e de sabedoría en gratos momentos que me fixeron mellor como persoa”, puntualiza este home que goza da xubilación e rexeita calquera protagonismo relativo a esta decisión íntima e filantrópica. Todo o seu afán estriba en achegar unha mellora á calidade intelectual dos conveciños da comarca e de todos os amantes da lectura que lle podan dar unha nova vida a todos eses libros.
Esta biblioteca, na que priman os xéneros da literatura de ficción, narrativa para adultos, poesía e ensaio, así como tamén exemplares de literatura infantil e xuvenil, coñeceu xa varias mudanzas ata a data e agora está depositada na casa familiar. Á espera da resposta definitiva da alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, con quen se entrevistou e que amosou interese no asunto. Unha doazón sen outra condición que dispoñela nuns alzadoiros accesíbeis da biblioteca municipal ou no lugar pedagóxico ou cultural que de mutuo acorde se designe. “Téñoo todo preparado en caixas. Serán unhas sesenta”, calcula o doante. “Todo está perfectamente referenciado, aínda que non clasificado nin fichado, disposto para se depositar no edificio de Lobios que se determine”, dixo o doante dunha iniciativa que busca incentivar a paixón e o amor social pola lectura. Contribuíndo a elevar a formación cultural dos habitantes dun concello rural no que ler non é un dos hábitos máis espallados, entre outras razóns porque non é doado para todos acceder a determinadas ofertas.
Fondos de indiscutible valor para engrosar os da biblioteca municipal de Lobios ou os dalgún centro de ensino público da capital comarcal ou das vilas circundantes que en homenaxe ao doante sería xusto identificar co rubro de “Biblioteca Xosé Fernández Vázquez”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño