Oriente próximo
Israel bloquea los pasos fronterizos a Gaza y Cisjordania
A Unión Leiteira Galega (Ulega) --organización de produtores promovida por Unións Agrarias-- reuniu este venres en Santiago, por primeira vez, as súas xuntas territoriais. Ao respecto da situación do sector, denunciou a oferta de 'contratos á baixa' por parte de 'certas industrias'. A Unión Leiteira Galega (Ulega) -organización de produtores promovida por Unións Agrarias- reuniu este venres en Santiago, por primeira vez, as súas xuntas territoriais. Ao respecto da situación do sector, denunciou a oferta de 'contratos á baixa' por parte de 'certas industrias'.
Unha vez concretada a súa estrutura territorial, Ulega ten como obxectivo 'a concentración da oferta da produción dos socios que a integran e a comercialización co fin de optimizar custos produtivos, así como adecuar a produción á demanda', explica nun comunicado.
O seu presidente, Xosé Vence, demandou como 'imprescindible' que a lexislación estableza a figura dun árbitro 'ou mediador' no caso de discrepancias entre as partes.
Tamén pediu a creación dun fondo que actúe como 'o Fogasa lácteo', ao que poidan acudir os gandeiros no caso de padecer non pagamentos. De igual forma, puxo de manifesto 'a necesidade inaprazable de introducir as modificacións acordadas co presidente da Xunta de Galicia na Lei de calidade agroalimentaria, para regular que o prezo do leite se forme dende o produtor ata o punto de venda e non que sexa a distribución a que marque a cotización'.
Na reunión participaron representantes de Ulega de Ourense, Arzúa, Bergantiños, Melide, Sarria, Lugo, Os Ancares, A Fonsagrada e Meira, Chantada, Terra de Lemos, A Ulloa e Quiroga, Soneira e Fisterra, Barcala-Xallas, Noia, Barbanza e O Sar, Terra Chá e A Mariña, Interior de A Coruña e Pontevedra.
A organización apostou por unha disposición comarcal para potenciar a participación dos gandeiros e 'evitar que uns poucos tomasen decisión' por moitos', resalta. Ademais, busca ter un perfil 'puramente profesional', xa que aínda que é unha organización impulsada por UU.AA., destaca que está formada 'exclusivamente por gandeiros con cota'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Oriente próximo
Israel bloquea los pasos fronterizos a Gaza y Cisjordania
Guerra en Ucrania
Merz compromete más armamento para Ucrania
Ataque a Europa
Rusia intensifica su guerra híbrida contra Europa
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte ensaya un misil balístico hacia el mar de Japón
Lo último
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Dous de cada tres candidatos a alcalde repiten nas cidades galegas en 2027
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Notas á Metástase, de Xosé Lois Vázquez
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Os apaleados de Celeiros e outras nupcias