A Xunta avanza a Asemaco as líneas de apoio para este ano
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, mantivo un encontro con directivos da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco)
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, mantivo un encontro con directivos da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) para avanzarlles as previsións sobre as convocatorias de apoio que o instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria habilita este ano, así como para coñecer os plans que a asociación está a impulsar e avaliar posibilidades de colaboración.
Aguilera fixo especial mención ás liñas destinadas a apoiar proxectos colectivos impulsados por agrupacións de empresas e lembrou as axudas para a internacionalización a través das plataformas empresariais da rede Pexga que se están a abrir no exterior.
O sector da construción está a ser un dos colectivos máis activos na procura de oportunidades de negocio no exterior, principalmente en Latinoamérica e centro de Europa, informou a Xunta nun comunicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESPUESTA A LA PROPUESTA DE PUTIN
Zelenski solo aceptaría celebrar elecciones si se hacen en zonas controladas por Ucrania
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia