Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
PESCA
Así o establece unha orde da Consellería de Medio Rural, que publica este mércores o Diario Oficial de Galicia --polo que entra en vigor o xoves--, e que establece as normas de pesca en augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2011.
No caso concreto dos anzois, o texto impón a obrigatoriedade, dende o 1 de xuño ata o final de tempada, de que os engadidos artificiais só poderán ter un anzol simple.
A normativa especifica, así mesmo, as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas (peixes) e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia. Regula as épocas hábiles, tamaños mínimos, cotas de captura, tipos de engadido e modalidades de pesca permitidas.
Fai referencia a salmón, reo, troita, saboga, perca negra, anguía, lamprea e especies de esteiro (robaliza, mugel e solla), para as que fixa un réxime especial, de igual xeito que para o cangrexo vermello e o cangrexo sinal. Menciona, ademais, as especies vedadas en todas as masas de auga (cangrexo de río, reñosa, espiñento, zamborca e anguía).
XORNADAS HÁBILES
Sobre as xornadas hábiles, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles, agás festivos nacionais ou autonómicos. Nos coutos de pesca e nos tramos do Río Navia compartidos con Asturias, serán tamén inhábiles os xoves, exceptuando festivos.
Nas zonas de desembocadura e nos encoros nos que se autoriza a pesca de ciprínidos e perca negra durante todo o ano, serán hábiles todos os días da semana para a captura de especies distintas dos salmónidos.
MODALIDADES DE PESCA
En canto ás modalidades, como regra xenérica e para todas as especies permítese a pesca con cana, sen prexuízo da regulación específica da anguía, angula e mexillón, a lamprea, o cangrexo vermello americano e o cangrexo sinal.
Só se permite o emprego dunha por persoa, a unha distancia máxima do pescador de tres metros e dunha secadera ou lazo como elemento auxiliar.
PESCA SEN MORTE
No que respecta á pesca sen morte, autorízase unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arpón. Todas as capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.
A orde incorpora, por último, un total de 13 anexos nos que se concretan dende as dimensións mínimas do anzol para a pesca con engadido natural ata os horarios de pesca do reo, pasando polos réximes especiais de encoros, tramos libres de pesca sen morte e a normativa de coutos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
ELECCIONES AUTONÓMICAS
Cuenta atrás para el 15M en Castilla y León: Así se vota desde fuera de España
Lo último
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 21 de febrero, en Ourense