TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior
O Ministerio de Defensa declarou que o falecemento dun alférez de navío, Oripedes Fraguas Suárez, se produciu como consecuencia dunha doenza derivada da súa exposición a substancias tóxicas como o amianto e tivo lugar 'en acto de servizo', segundo figura no documento recibido polos seus familiares e subscrito o 25 de maio deste ano pola subsecretaria de Defensa. Este texto recolle a opinión da asesoría xurídica do Ministerio, que explica que o alférez de navío ingresou na Armada no ano 1966 e pasou á reserva no ano 2008, así como que o seu último destino foi a escola militar de Marín.
En canto ao seu retiro, obedeceu a unha inutilidade permanente acaecida en acto de servizo no ano 2010; mentres que o seu falecemento se produciu o 29 de maio de 2011 debido ao empeoramento nun proceso tumoral dun mesotelioma pleural maligno.
Segundo a información facilitada polos seus familiares, Orípedes Fraguas prestou servizo na área de mecánica en distintos buques da Armada, como o 'Canarias', 'Alcalá Galiano', 'Guadalhorce', 'Roger de Lauria', 'Liniers', 'Ebro' ou 'YRP-08', nos que, segundo o escrito da asesoría xurídica, estivo longos períodos exposto a materiais tóxicos como o asbesto e o amianto.
'INCIDENCIA'
No escrito recóllese que, no proceso tumoral que desenvolveu, tivo unha 'incidencia, inmediata e principal a longa exposición á inhalación de amianto ou asbesto durante a prestación do seu servizo en buques da Armada', na construción da cal se utilizaron estes materiais.
Actualmente, o seu uso está prohibido porque as fibras poden desprenderse ao ser manipulados e ser inhaladas a través do aire.
A viúva de militar, que reside en Vigo, solicitará o Ministerio de Defensa a rendición de honras militares aos restos mortais do falecido e a solicitude de inicio de expediente para a imposición da 'Cruz do Mérito Naval con Distintivo Amarelo'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior
SEGUNDA CONVOCATORIA
"Españoles en el Mundo" gana las elecciones al CRE de República Dominicana
Lo último
AHORA SÍ HABLA DE PUENTE
Sánchez respalda a Puente por "dar la cara" y dimitir "por las víctimas": "Dignifica nuestro país"
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de noviembre
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?