Gómez Noya desquítase de Beijing e logra unha prata para España

Javier Gómez Noya desquitouse da desilusión de Beijing 2008, onde ficou á beira do podio no cuarto posto, e hoxe terminou segundo en Londres 2012 para conseguir a medalla de prata

Podium con los ganadores de la triatlón masculina de los Juegos Olímpicos de Londres hoy (Foto: EFE)
Podium con los ganadores de la triatlón masculina de los Juegos Olímpicos de Londres hoy (Foto: EFE)

Javier Gómez Noya desquitouse da desilusión de Beijing 2008, onde ficou á beira do podio no cuarto posto, e hoxe terminou segundo en Londres 2012 para conseguir a medalla de prata olímpica, un novo premio para o deporte español. O triatleta ferrolán non fallou. Advertido como unha das bazas máis seguras de España nos Xogos, reafirmouse como un dos candidatos desde o principio. A pesar da condición de favorito dos seus adversarios, estimulados por unha reputada traxectoria de éxito e alentados polo factor ambiental, con todo o público do seu lado.

Gómez Noya acabou segundo en Hyde Park. Cun tempo de 1.46.36, once segundos máis que o novo campión olímpico, o local Alistair Brownlee (1.46.25) e por diante do seu irmán, Jonathan (1.46.56), que tivo que correr cunha penalización de quince segundos por unha ilegalidade na transición do nado á bicicleta.

Javier Gómez Noya tomou posición desde o principio. Aguantou mecha desde a saída e non perdeu contacto coa cabeza ao longo dos 1.500 metros a nado nas augas do lago Serpentine.

O ferrolán mantivo o ronsel do eslovaco Richard Varga, o máis rápido a nado (16:56). Non obstante, Gómez Noya (17.00) adiantouno na transición á bicicleta mentres os favoritos, o británico Jonathan Brownlee e Alistair chegaban por detrás, aínda que preto.

Jonathan, terceiro e (17.02) e Alistair (17.05) quinto, despois do italiano Alessandro Fabian.

Os británicos aproveitaron o tramo en bicicleta para tomaren posicións e imporen o ritmo adecuado á proba. Alistair e Jonathan Brownlee situáronse en cabeza, á roda do seu compatriota Stuart Hayes.

Javier Gómez Noya aguantaba mecha. Por detrás da terna local, alentada permanentemente polos millares de seguidores inmersos en Hyde Park e os seus arredores. Porén, non había noticias do resto de españois, fóra da selección que procuraba o dueto de Yorkshire.

Mario Mola e Jose Miguel Pérez quedaron cortados. A máis dun minuto da vintena cabeceira. Ningún logrou situarse entre o pelotón dianteiro, para contribuír aos intereses españois.

Non perderon o rumbo triatletas como o alemán Jan Frodeno, vixente campión olímpico ou o ruso Ivan Vasiliev e Alexander Bryukhanov, o neozelandés Bevan Docherty ou o francés Luis Vincent.

Alistair Brownlee deu, a metade da quinta, un tento e pretendeu unha escapada, en que permaneceu durante un minuto até que os vinte corredores lle deron caza e se xuntaron de novo.

O portugués João Silva, o francés Luis Vincent e o británico Alistair Brownlee marcaron o mellor tempo (1.17.18). Un segundo máis que Jonathan e dous máis que Frodeno e Gómez Noya, a dous segundos de diferenza. Igual que o italiano Alessandro Fabian e o francés Lauren Vidal.

A situación ficou mas clara nos dez quilómetros finais, a carreira a pé. Os irmáns Brownlee mantiveron o ritmo. Só Gómez Noya era capaz de seguir a marcha imposta polos dous. Para ese momento xa se sabía que Jonathan contaba cunha penalización de quince segundos por realizar de forma ilegal, fóra da zona permitida, a transición do nado á bicicleta.

A falta dunha volta e media das catro do circuíto a pé, e con Jonathan xa descolgado, Alistair aumentou o ritmo. Gómez Noya intentou seguilo. Aguantou mecha. Non cedeu máis tempo e aguantou a distancia que levaba aos seus perseguidores, especialmente a Jonathan, que recuperara terreo despois da sanción.

Alistair Brownlee proclamouse campión olímpico, 1.46.25. Gómez Noya entrou once segundos despois.

Contenido patrocinado

stats