Localizado o cadáver da octoxenaria desaparecida hai un mes en Alfoz (Lugo)
SUCESOS
Familiares da anciá desaparecida hai un mes na localidade lucense de Alfoz localizaron este martes o seu cadáver nun campo na zona de Prado do Curro.
Familiares da anciá desaparecida hai un mes na localidade lucense de Alfoz localizaron este martes o seu cadáver nun campo na zona de Prado do Curro. Segundo informaron a Europa Press fontes da Central de Emerxencias 112-Galicia, o achado produciuse sobre as 16.30 horas desta tarde, cando un familiar deu a voz de alarma pola localización do cadáver da anciá nunha zona coñecida como Prado do Curro.
A octoxenaria, veciña da parroquia de Carballido, en Alfoz, foi vista por última vez o día 1 de febreiro na zona de Rega, parroquia veciña ao seu domicilio, e dende entón familiares e veciños emprenderon un busca que finalizou este martes coa localización do seu cadáver. A muller, que non tiña en principio ningunha enfermidade, podería empezar a desenvolver un principio de demencia, segundo a familia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán
SIN RIESGO DE TSUNAMI
Registrado un terremoto de magnitud 7,2 en el sur de Perú
EQUIPO DE RESPUESTA
Corea del Norte lanza una decena de misiles balísticos hacia el mar de Japón