20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
Os responsables da Xunta Local do PP na Coruña felicitaron hoxe o concello da cidade pola 'fantástica' semana que propiciou a 'boa xestión' do equipo de goberno que encabeza Carlos Negreira, que se traduciu nun contrato coa petroleira Pemex e o acordo para avaliar as posibilidades de acometer un millonario investimento a cargo da compañía chinesa Beijing 3E. O presidente local do PP, Fernando Fernández, destacou os acordos aos que se chegou coa petroleira Pemex, así como a sinatura entre a Autoridade Portuaria e a empresa asiática para o seu uso do porto exterior.
En opinión do dirixente do PP, 'ambos os dous acordos abren a posibilidade de que A Coruña se converta nun centro de enerxía estratéxico e nun referente deste sector a nivel mundial'.
Fernández considera que son noticias 'fantásticas' non só polo beneficio que lle van reportar á cidade, senón tamén porque xurdiron nunha época de crise, na que se fai 'dobremente difícil chegar a acordos como os que se fixeron públicos esta semana'.
Así mesmo, o PP tamén quere resaltar a 'entrega' que está demostrando o alcalde e todo o seu equipo.
'Mentres outros parecen adormecidos, nós temos uns responsables municipais dinámicos, loitadores e comprometidos cos coruñeses', afirmou.
Tamén destacou que cando se cumpre un ano de goberno municipal do PP os resultados están empezando a dar os seus froitos, e estes demostran que Carlos Negreira está dirixindo A Coruña polo camiño correcto'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
MISIÓN COMERCIAL
El sector naval andaluz busca oportunidades de negocio en la India
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
AUSENCIAS Y GANAS
El COB, con el pasado muy presente
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega