Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
CONCERTO DE NADAL
Fai 38 anos un grupo de persoas cantaron en Nadal na Igrexa de Nosa Señora das Neves, en Maceda, sen saber que acabarían converténdose nun dos símbolos musicais do Concello, a Coral Albricias, que recibe este nome pola primeira panxoliña que cantaron aquel día. O 25 de decembro a igrexa acolleu un ano máis o seu concerto de Nadal.
O frío non botou para atrás aos veciños, que encheron tódolos bancos para escoitar á coral e Os do Fuelle, a agrupación que os acompaña e coa que comparten integrantes. O repertorio de panxoliñas e cancións alargouse máis dunha hora, durante a cal se sucederon temas de ámbalas agrupacións, ben por separado ou xuntas.
A velada rematou cunha interpretación coral -público e músicos- da Rianxeira, que fixo mover ao respetable coma ondas do mar nos bancos “porque non había espazo para bailar, senón…” apuntou Juan “Tito” González, director das agrupacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
ACTIVIDADE ESTIVAL
IV Xuntanza de “Os do Fuelle”, a unión a través da música en Maceda
OTRO HERIDO EN MACEDA
Un motorista herido tras una colisión contra un coche en Ourense
Lo último