TRADICIÓNS GALEGAS
As regueifas do pasado teñen futuro en Maceda
Rural
Vilardecás é unha aldea na aba da serra de San Mamede, no concello de Maceda. Varios veciños e veciñas da aldea apoiaron na loita contra os lumes de forma voluntaria, entregando comida e bebida. Durante eses días, grazas ó perfil en redes sociais dunha aldea veciña, Carguizoi, achegáronse a traer axuda decenas de persoas que se informaron por el. Dende ese momento, a veciñanza tomou a decisión de crear un perfil de Vilardecás, sendo unha forma de establecer un vínculo non só entre veciños, senón tamén entre pobos.
E é que na pequena aldea na aba da serra, os veciños forman unha comunidade moi unida que coida da súa aldea con agarimo. “Tódolos veciños participan, cada un no que pode”, explica Cristina, unha das veciñas, ó contar os traballos que fan para manter bonita a localidade.
Dende hai uns anos xa se encargan, con permiso do párroco, de limpar e pintar as portas da cancela da igrexa e do cemiterio, pero este ano, logo dos incendios, puxéronse mans a obra.
Grandes e pequenos dedícanse “na medida das nosas posibilidades” a pintar os bancos da aldea, que nestes días colgan un cartel de aviso pola pintura; a restaurar unha das pontes que cruza a parte baixa da aldea; a darlle unha man de pintura ós cubos de lixo… Entre outras moitas tarefas, ademais de outros proxectos que teñen en mente.
“Os que non poden traballar, achegan cartos para o material”, explican os veciños, “e todos están moi agradecidos co que se fai, ninguén pon ningunha queixa”. “Facemos o que está na nosa man, hai outras cousas que aínda que queiramos, non podemos facer”, apuntan, “arranxar fochancas, a fonte que nestes días é tan importante…”
En Vilardecás, non é raro atopar os veciños xuntos, de “cháchara, contando anécdotas ou xogando ás cartas”, nos intres nos que non están cas mans ocupadas nalgún proxecto. “Esta relación é moi importante porque nos xuntamos xente de diferentes idades a facer cousas xuntos”.
Ó igual que outras moitas aldeas da provincia, Vilardecás multiplica os seus habitantes durante o verán, pero os residen na localidade todo o ano ven con especial ilusión este vínculo veciñal. A xente máis maior conta que estas xuntanzas e traballos comunitarios recórdanlles ós de antes, cando os veciños se xuntaban para facer a matanza ou a malla, “traballábamos arreo, pero desfrutábamos moito”, explicaron Hermesinda, Pepe e Teresa. A aldea celebra tamén unha cea veciñal, á que asisten preto de 100 persoas. “A aldea non é as casas que a forman, senón que é a xente que vive nela”, afirmaron.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRADICIÓNS GALEGAS
As regueifas do pasado teñen futuro en Maceda
RESIDENCIAS DE MAYORES
Os do Fuelle inician su gira navideña de conciertos solidarios en Maceda
Lo último
ELECCIONES EN EXTREMADURA
Casi 891.000 extremeños están llamados a votar este domingo en las elecciones autonómicas del 21D