Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
Informática
O alumnado de 1º Grao de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES San Mamede de Maceda vén de rematar unha experiencia de aprendizaxe na que puxeron a punto e optimizaron os equipos informáticos da Escola Municipal de Música.
Esta iniciativa nace da Fundación Ayuda en Acción, a través do seu programa Impulsa que desenvolveu en Maceda mediante a iniciativa “Reinicia Maceda”, unha proposta de Apredizaxe-Servizo (ApS) en colaboración co Concello para que os alumnos puidesen realizar unha aprendizaxe práctica, ó tempo que melloraban os servizos públicos.
Andrés Felipe Tovar e Saúl Gálvez son dous destes alumnos que realizaron un mantemento preventivo dos equipos, e comentaron que a experiencia resultou “muy importante para acceder al mercado laboral”. Ademais, explicaron que “hacer este tipo de actividades fomenta nuestra creatividad y mejora nuestra dinámica de grupo de cara al futuro”. Están moi satisfeitos ca iniciativa: “Aprendemos. al tiempo que ayudamos”.
Vanessa Fernández, técnica orientadora de Ayuda en Acción, aclarou que “estamos moi contentos co resultado e é unha boa iniciativa que levar a outros centros”. Miguel Pan e Lucas Fernández, os profesores, incidiron en que “é unha boa entrada ó mundo laboral”.
Uxía Oviedo, alcaldesa de Maceda, explicou que “gústanos moito que conten co Concello para iniciativas coma esta”, e remarca a importancia de “que a xente nova se sinta amparada”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
ACTIVIDADE ESTIVAL
IV Xuntanza de “Os do Fuelle”, a unión a través da música en Maceda
OTRO HERIDO EN MACEDA
Un motorista herido tras una colisión contra un coche en Ourense
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
MEDIO CENTENAR DE PEZAS
A Cidade da Cultura en Santiago inaugura a exposición “Ser Noutras”