Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
MELLORA DE SERVIZOS
A Biblioteca Municipal Francisco Carballo de Maceda xa ofrece aos seus usuarios un mellor servizo de climatización, grazas aos traballos de instalación de aerotermia que se levaron a cabo esta semana, e que dende estes días xa están funcionando.
Esta intervención, que segundo indican algúns usuarios “xa viña facendo falta”, está enmarcada dentro do Plan Cooperou da Deputación de Ourense, e “é resultado do traballo do grupo de goberno do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para que o Concello dedicara parte do Plan Cooperou a este obxectivo”, informan dende o grupo nacionalista.
Beatriz Cuenca, concelleira de Cultura de Maceda, engadiu que a través dunha subvención da Xunta de Galicia continuaranse mellorando os servizos e instalacións da biblioteca municipal coa creación dunha zona illada, a dotación de novos estantes, así coma pintar de novo os espazos logo das obras. “Estamos a dar os pasos necesarios para desfrutar dunha biblioteca en condicións, intentando ofrecer o mellor servizo e que poida abrir 8 horas ao día polo menos”, explicou a concelleira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
ACTIVIDADE ESTIVAL
IV Xuntanza de “Os do Fuelle”, a unión a través da música en Maceda
OTRO HERIDO EN MACEDA
Un motorista herido tras una colisión contra un coche en Ourense
Lo último