FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
MÚSICA
Como cada ano, o 25 de decembro a Igrexa de Nosa Señora das Neves de Maceda acollerá o tradicional concerto de nadal da Coral Albricias, no que tamén participa a agrupación musical Os do Fuelle, dúas entidades estreitamente ligadas polos seus membros.
Este ano a coral celebra 38 anos dende que ofreceron o seu primeiro concerto, daquelas coma un grupo parroquial, no nadal de 1987. A raíz desta cita xurdiu o que hoxe é un dos baluartes musicais macedaos, que recibe o seu nome da primeira panxoliña que prepararon: Dadme albricias.
“Hoxe máis da metade xa non están con nós”, aclarou Juan “Tito” González, director da coral -e de Os do Fuelle-, “no seu momento fixeron unha gran labor pola coral”, na que Tito leva dende os comezos xunto a Raquel, a outra membro fundador que hoxe aínda participa. Tito quixo destacar a figura de Crisanto Fernández pola súa labor pola coral, ademais do seu traballo como párroco.
A relación entre as agrupacións dáse a que comparten membros, amantes confesos da música, polo que mañá os asistentes poderán desfrutar dunha cita -que comezará ás 19,00 horas- que mestura dous repertorios únicos pero interpretados -case- polos mesmos músicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
CONCENTRACIÓN CON 50 PERSONAS
Una veintena de coches clásicos se pasearon por Maceda
Lo último
FALLO EN LAS LÍNEAS DE TRANSMISIÓN
Cuba sufre un nuevo apagón total de su sistema eléctrico, el octavo en el 2026
INICIO DE TEMPORADA
Moncho López: "Queremos ganar la final"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 19 de septiembre?