Maceda agasalla aos clientes con descontos
30 DE OUTUBRO
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda inaugurou onte a súa campaña “Maceda Rasca e Gaña: O teu comercio ten premio!”
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda inaugurou onte a súa campaña “Maceda Rasca e Gaña: O teu comercio ten premio!”, que se estenderá ata o vindeiro 30 de outubro para promover a actividade comercial na vila.
Esta iniciativa presentouse o pasado martes no salón de plenos do Concello macedao, un acto ó que asistiron o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; Uxía Oviedo, alcaldesa de Maceda; Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense; xunto co presidente da asociación e a tesoureira, Roberto Carlos Freire e Lucía Apolinar.
Durante o acto presentouse o vídeo publicitario da campaña, que foi gravado integramente nos establecementos do comercio local macedao e pola produtora Faiado Producións, tamén de orixe macedá.
A campaña repartirá 5.000 euros en premios a través de boletos de formato rasca e gaña para as persoas que merquen nos establecementos da asociación por compras superiores a 20 euros. Os premios constan de descontos de cinco, 10 e 20 euros que os clientes poderán empregar na seguinte compra, que deberá ser como mínimo por valor do importe premiado.
Esta iniciativa pretende servir de enganche entre o período estival e o Nadal, como destacaron varios dos comerciantes, e conta cun financiamento do 80% do Inorde e coa colaboración do Concello de Maceda.
A campaña comercial alaricana rematou onte
O Concello de Allariz tamén celebrou durante este mes a novena edición do programa Merca no teu comercio, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Comercio. A campaña alaricana deu comezo a primeiros de mes e rematou onte, sendo o vindeiro 22 de outubro cando se entregarán as vinte tarxetas de 50 euros para gastar no comercio de Allariz ata o 31 de decembro.
A campaña presentouse o pasado 3 de outubro nun acto que contou coa participación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, quen estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.
O programa Merca no teu comercio busca fortalecer un sector comercial moderno, competitivo e preparado, ao tempo que se recoñece o seu peso como xerador de emprego e riqueza e como elemento clave para a vertebración do territorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SE SIENTE "HONRADA"
Barbra Streisand recibirá la Palma de Oro honorífica
PARTIDO DURÍSIMO
El COB, hasta lo humanamente posible ante el Básquet Coruña (59-74)
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 12 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 12 de marzo