Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
O PSdeG-PSOE de Maceda vén de anunciar un novo acordo para a aprobación dos orzamentos para o 2025 co Bloque Nacionalista Galego, logo de que o anterior acordo, que en teoría debía aprobar os orzamentos no último pleno, na práctica, rompese por unha petición de retirada deste, “baseándose no Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) e nos aparcadoiros, dous temas que como saben perfectamente, están en marcha”, apuntan os socialistas.
Dende o PSdeG-PSOE inciden en que esta decisión é unha “irresponsabilidade política e de deslealdade ao Goberno de Coalición” xa que sen a aprobación dos orzamentos, o Concello non podería facer fronte ós pagos a provedores, de asegurar o pago aos traballadores municipais e ós créditos concedidos ó Concello en 2022, 2023 e 2024.
Esta semana os dous grupos da coalición volveron reunirse polo tema dos orzamentos, e “todo apunta a un acordo”, indican dende o PSdeG-PSOE, confiando en que “pronto teremos orzamento para o 2025 no Concello de Maceda, sendo prioritaria a súa aprobación”. Uxía Oviedo, alcaldesa de Maceda, confía en que “o pleno será o antes posible”, indicando este venres como posible data de celebración.
Os socialistas esperan que con este acordo “volva a estabilidade” ó Concello de Maceda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Audiovisual galego
Un local histórico de Maceda acollerá a rodaxe de “Anónimas”
ACTIVIDADE ESTIVAL
IV Xuntanza de “Os do Fuelle”, a unión a través da música en Maceda
OTRO HERIDO EN MACEDA
Un motorista herido tras una colisión contra un coche en Ourense
Lo último
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
La Galicia de principios del siglo XX vista por la cámara de Nicolás Muller
PATRIMONIO
Circuíto Cultural da Rúa Vella
DESPUÉS DE UNA DISCUSIÓN
Rescate "in extremis" en Ourense: salvan a una mujer a punto de precipitarse desde un balcón