VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
MELLORA DO PATRIMONIO
O Concello de Manzaneda asinou un convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a adecuación do curro de pastores da Mosenda, unha actuación clave para a conservación do sistema tradicional de silvopastoreo na serra. O proxecto, cun investimento de 42.011,26 euros, permitirá mellorar a integración ambiental e optimizar as condicións para o manexo do gando.
Manzaneda conserva aínda formas de pastoreo ancestrais, como a “semi-trashumancia” no monte de utilidade pública Dehesa de Prada, dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC) Macizo Central. No caso concreto do curro da Mosenda, aínda contan con pastores que seguen a gardar o gando durante a noite, acompañados dos seus mastíns, que protexen as reses dos ataques do lobo. “A súa experiencia e coñecemento da serra fan que sexan historia viva de Manzaneda”, destacan desde o Concello.
A intervención prevista contempla a substitución da cuberta de chapa verde por unha nova estrutura integrada na paisaxe, empregando materiais tradicionais como madeira e lousa. Tamén se construirá unha “pérgola aberta para facilitar o manexo do gando” e se renovarán as portas de acceso ao curro. A actuación pretende non só mellorar as condicións dos pastores, senón tamén poñer en valor o patrimonio cultural material e inmaterial asociado ao pastoreo estacional na serra.
A adecuación do curro da Mosenda únese a outro proxecto en marcha, a mellora ambiental do curro do Forxo, financiado pola Deputación de Ourense. Actualmente, este segundo proxecto atópase na fase de redacción e obtención de permisos, pero prevese que tamén se execute ao longo de 2025.
Desde o Concello sinalan a importancia de preservar estes espazos tradicionais, fundamentais para o equilibrio ecolóxico e a identidade cultural da zona. “O noso compromiso é garantir que o pastoreo transhumante, recoñecido como Patrimonio Cultural Inmaterial, poida seguir vivo durante moitos anos máis”, conclúen.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
PROGRAMA MODO VERÁN ACTIVO
Manzaneda, escenario del verano activo de 420 jóvenes
XVII CERTAME CELTIBÉRICO
Manzaneda volve ser a capital da gaita
Lo último
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
LA SEQUÍA APRIETA EL RURAL
Cortegada estrena cortes de agua nocturnos por la escasez