Manzaneda volve ser a capital da gaita
A fase final do XVII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas reuniu na Estación de Montaña a centos de músicos
A Estación de Montaña de Manzaneda converteuse onte no gran escaparate da música tradicional coa celebración da fase final do XVII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, no que participaron centos de músicos de distintos puntos da Península e de Baleares nun dos encontros de referencia deste instrumento.
O programa arrancou o sábado co IX Serán da Seitura, un acto dedicado á recuperación do patrimonio oral e etnográfico que serviu para render homenaxes a dous persoeiros da cultura popular de Manzaneda: a cantareira Ludivina Pérez Ricoi, cunha ofrenda floral no seu monumento, e ao entroideiro Aquilino Pérez Prieto, finado este ano.
Memorial Gabino García
Xa na mañá do domingo, o Campo de Competicións de Cabeza de Manzaneda acolleu a fase decisiva do certame, de novo dedicada a Gabino García, alcalde de Manzaneda entre 1974 e 1995 impulsor da cita xunto ao director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo. A competición reuniu formacións de Galicia, Asturias, Cataluña, Madrid, Mallorca e Portugal, reforzando o carácter internacional que foi adquirindo estes anos. Entre as novidades destacou a participación de bandas de Baleares, que achegaron as denominadas cornamusas mediterráneas ao certame, ampliando así a diversidade instrumental da que gozou o público nun ambiente festivo
Antes da entrega de premios, a cita organizada pola Deputación en colaboración co Concello de Manzaneda culminou coa interpretación ao unísono do himno do Antergo Reino de Galicia. Máis aló da competición, o encontro volveu converter Manzaneda nun espazo de convivencia entre músicos, afeccionados e visitantes arredor da música tradicional.
O palmarés certifica o gran nivel de bandas e solistas
O reparto de premios puxo de manifesto a calidade técnica e variedade. Na máxima categoría, primeiro grao, a Real Xuvenil de Ourense alzouse co premio, coa Banda Agarimo de Catabois, de Ferrol, en segunda posición. En segundo grao, a Banda de Gaitas Chantada foi gañadora, por diante da madrileña Talisker Band. No terceiro grao, a agrupación coruñesa San Pantaleón das Viñas foi primeira, coa asturiana Banda Gaites Cabu Peñes segunda. Por último, no cuarto grao o triunfo foi para a Banda de Gaitas Concello do Riós, coa agrupación do Concello do Bolo, Preparatorio e Castrelo de Miño segundas.
Ademais, nas gaitas mediterráneas alzáronse gañadores Sons de la Cossetània, (Tarragona), con Es Reguinyol, Xeremiers de Muro (Mallorca), como segundos.
No eido individual, Iago González impúxose en bastóns de mando, Conchiña Castro en solistas maiores de 18 anos, Mael Lombardero nos maiores de 10 e Pablo García, nos menores de 10.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AUMENTO DEL 315%
Perú, Colombia y Cuba abanderan la explosión migratoria en Ourense
CAMPO DA FEIRA
Perú festeja su día de la independencia en Ourense
FUERTE DEMANDA
La escasa vivienda disponible limita el alquiler en O Barco
Sonia Torre
¡UN CAFÉ SOLO!
El dolor del fuego