A música tradicional tomou a vila de Manzaneda no serán da Seitura
MÚSICA TRADICIONAL
Unha intensa xornada de tradición e música con homenaxes a Ludivina Pérez y e Jacinta Fernández Alonso no serán da seitura e noite celta.
A vila de Manzaneda encheuse de cultura e memoria este sábado 26 de xullo cunha intensa programación que tivo como eixos a música tradicional e a homenaxe ás figuras locais.
Veciños e visitantes non quixeron perder esta celebración e déronse cita en Manzaneda neste VIII Serán da Seitura, celebrado na Praza da Igualdade, quw rendeu tributo un ano máis á veciña Ludivina Pérez Ricoy, e contou este ano cunha especial lembranza para Jacinta Fernández Alonso, recentemente falecida.
O acto, presentado por Montse Estévez, reuniu diversas agrupacións musicais e vocais, entre elas as Cantareiras de Trives (Blandina de Cotarós, Fiuca de Trives e Digna de Vilanova), o Grupo de Acordeóns Airiños da Porta Falsa, da localidade de Manzaneda, e a destacada actuación da violinista Candela Rodríguez, neta da homenaxeada Luzdivina Pérez. Todos os cantareiros dedicáronlle unha das cancións que máis lle gustaban a Jacinta Fernández, como homenaxe, ademáis de lembrarlle aos asistentes que os cantos de seitura era o que eles tiñan de novos, a mellor maneira de levar aqueles duros traballos.
A Real Banda de Gaitas Xuvenil puxo o broche de ouro á parte central da tarde, nun encontro no que a emoción e a tradición se deron a man. A programación continuou entrada a noite coa esperada Noite Celta, celebrada na estación de montaña, onde a música foi a gran protagonista.
Xa de madrugada, os sons das gaitas e das voces tradicionais inundaron a montaña grazas ás actuacións do Grupo Áurea, a Banda de Gaitas Agarimo de Catabois, o Conxunto de Xuíces do Certame e as Cantareiras da Real Xuvenil.
Unha velada de peche que combinou celebración, identidade e sentimento colectivo, deixando en Manzaneda a pegada de emoción e orgullo cultural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
RESUENAN LAS CORNAS
Galería | Los pastores que mantienen viva la tradición en Manzaneda
Lo último
TRADICIÓN Y CIENCIA
La alimentación, clave para los centenarios
PRODUCTOS GALLEGOS
La bica de Viana do Bolo cruza fronteras y llega hasta Italia
Manuel Baltar
Desastres naturales
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense