XORNADAS DE FOLCLORE
Manzaneda viaja por el mundo al ritmo de la danza
REHABILITACIÓN RURAL
O Concello de Manzaneda realizou obras para mellorar e conservar a fonte e o lavadeiro tradicional do núcleo de Langullo, nunha actuación que tamén buscou reducir o impacto paisaxístico e integralo mellor no contorno natural. As obras foron posibles grazas a unha axuda destinada á conservación do patrimonio natural e cultural na Rede Natura 2000, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
A intervención consistiu en impermeabilizar os tanques da fonte e do lavadeiro, levando a cabo labores de limpeza, pintado, rexuntado da mampostería e aplicación de morteiro hidrófugo. Tamén se instalaron novas chaves de comporta e tapas de arqueta para permitir unha mellor conservación e uso das instalacións.
Na contorna do lavadeiro colocouse un novo chan de pedra, en harmonía co entorno. Ademais, decoraron con vinilos a antiga marquesiña fronte ao lavadeiro, retratando a paisaxe e a memoria local. Entre as imaxes destaca unha homenaxe a “Pacorro”, un dos pastores dos curros recentemente falecido, xunto a fotografías dos viñedos da zona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XORNADAS DE FOLCLORE
Manzaneda viaja por el mundo al ritmo de la danza
ESTACIÓN DE MONTAÑA
Manzaneda: eclipse en la montaña
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya