A xustiza dá a razón a Manzaneda e insta á Mancomunidade a tramitar a súa baixa
SÓ DOUS CONCELLOS
O fallo deixará á Mancomunidade de Terras do Navea-Bibei integrada por dous concellos, San Xoán de Río e Trives
O xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense vén de facer público un fallo no que acepta o recurso presentado en agosto do ano pasado polo Concello de Manzaneda contra a desestimación, por silencio administrativo, da solicitude de execución do Pleno da Mancomunidade de Municipios de Terras do Navea-Bibei do 29 de novembro de 2012.
Naquela altura acordouse a marcha efectiva do Concello da Mancomunidade, sen que se chegara a formalizar de xeito legal. Agora a xustiza fai efectivo, 13 anos despois, o acordo daquela sesión plenaria da Mancomunidade, obrigándoa a executar e levar a término o acordo adoptado no 2012, modificar os seus estatutos, cumprir os requisitos legais para formalizar a saída de Manzaneda e asumir as costas do proceso.
O fallo deixará á Mancomunidade de Terras do Navea-Bibei integrada por dous concellos, San Xoán de Río e Trives, se ben cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XORNADAS DE FOLCLORE
Manzaneda viaja por el mundo al ritmo de la danza
ESTACIÓN DE MONTAÑA
Manzaneda: eclipse en la montaña
Lo último
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Pregúntele a Vivas
Juan José Feijóo
Las encuestas más fiables, menos la del CIS
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra