SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
NOITE DE TROULA
Por séptimo ano, Albarellos celebra o seu coñecido coma “Preentroido”, unha celebración que busca adiantarse ás datas entroideiras e poñer o foco no núcleo capitalino de Monterrei cunha tarde-noite con desfile e cea, así como moita música.
Desta vez terá lugar o 24 de xaneiro, sábado. Ás 17,30 horas daranse cita as chocas e os bombos, que desfilarán xunto coa charanga A Felga, o Trebón do Mildeu e o folión da Rasela.
Ás 20,30 horas será o turno da grupo JB Son, xa na praza Ángel Medeiros, o lugar onde unha hora máis tarde arrancará a cea popular a base de bocadillo de porco ao espeto, con bica e bebidas. Ao remate, baile coa discomóbil d’A Gramola.
As entradas para a cea, a 13 euros para adultos e 10 para menores de dez anos, xa están á venda na biblioteca e nos bares O Campo, Progreso e Celta de Albarellos, así como en Tirabeke Deseño de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último
HASTA EL ÚLTIMO MINUTO
Galería | La UD Ourense y O Couto disfrutan de una sufrida victoria ante la Cultural Leonesa