REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
500 MILLÓNS AO ANO
Un cartel no que se podía ler “Benvido, señor conselleiro”, realizado por alumnado de 3 a 7 anos, deu este martes a benvida ao responsable de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, á escola de Vilaza.
Esta aula, unha das tres que que integran o Colexio Rural Agrupado (CRA) de Monterrei, reabriu este curso tras unha reforma completa “moi demandada”, cun investimento da Xunta de preto de 140.000 euros.
Da man da directora, Teresa Santamaría, Rodríguez percorreu as renovadas instalacións da escola xunto con outros representantes institucionais, e acompañou aos cativos nalgunhas das súas tarefas diarias, como dar de comer ás galiñas ou coidar da súa pequena horta.
O conselleiro puxo en valor o labor dos CRAs pola súa “proximidade ao territorio, identificación coas familias, trato cercano coa comunidade e implicación do profesorado”, e reafirmou a aposta do Xunta polo ensino no rural, no que inviste 500 millóns ao ano, e que ten “a mesma calidade” que o ensino nas zonas urbanas.
De feito, o investimento por alumno no rural por curso (8.933 euros) supera ao das cidades (7.085 euros), e os resultados académicos son “idénticos”.
José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, amosouse “satisfeito” polas obras, que reforzan a “aposta” do Concello polo CRA, un modelo de educación “sen saír do rural”, do que tamén forman parte o CEIP de Medeiros e as tres casas-niño.
Alén diso, afirmou que non sería “posible” sen unha directora como Santamaría, unha “xoia” para Monterrei polo seu “traballo impagable”.
Pola súa banda, a responsable do CRA agradeceu a Xunta e Concello o seu apoio a unha escola que é “un orgullo do que presumir”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
QUINTA EDICIÓN
Monterrei tiene todo listo para su Festa da Vendima
GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy sábado, 3 de octubre