OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
OUTONO
Dúas veces ao ano, nos equinoccios de primavera e outono, o sol deixa unha imaxe singular na igrexa prerrománica de Santa María de Mixós, en Monterrei: os raios do solpor atravesan unha das fiestras e iluminan de cheo o Cristo no altar maior. Un fenómeno que combina a orientación do templo coa posición do sol e que sorprende a quen ten a oportunidade de contemplalo.
O momento máis preciso chega o propio día do cambio de estación, cando a luz alcanza o centro da cabeceira e ilumina de cheo o Cristo. Nos días anteriores e posteriores, o raio solar tamén percorre o interior da igrexa, incidindo nas ábsidas laterais. O efecto dura arredor de media hora, aproximadamente entre as 18,15 e as 18,45 horas.
Quen leva anos seguindo este percorrido da luz é Nelson Fernández “Fiti”. Veciño de Mixós, tomou o relevo da súa nai e encárgase de abrir a igrexa aos visitantes e de dar a coñecer, de xeito desinteresado, as particularidades do templo, un dos máis singulares da provincia xunto a Santa Comba de Bande. Levantada nos séculos IX e X e reconstruída parcialmente nos XV e XVI, a igrexa de Mixós presume de orixe románica e de arquitectura asturiana, mozárabe e visigótica.
A curiosidade de Fiti polo fenómeno espertou en 2015, guiando a un grupo, ao reparar no sol que entraba no edificio. “Cheguei coa visita e, ao abrir a porta, vin o raio que iluminaba a ábsida do norte, onde está a Virxe das Virtudes”, lembra. Dende entón, foi observando como a luz se despraza polo interior da igrexa ao longo do ano.
Fiti cre que esta orientación puido ter unha finalidade relixiosa e contribuír a reforzar a fe dos veciños da época. “Utilizábano incluso para converter a xente á relixión, porque sabían en que momento se ía producir e podían convocar aos fieis. Cando vían o Cristo iluminado dicíanlle que era un milagre e a xente críao porque o estaba vendo cos seus propios ollos”, teoriza.
O desexo de Fiti agora é o de difundir e compartir o fenómeno coas persoas que se queiran achegar, tal e como xa se fai en San Miguel de Celanova onde, a diferenza de Mixós, é a luz dos primeiros raios do amencer a que atravesa as pequenas fiestras do oratorio do século X.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
Lo último
Carmen Tomás
UGT y CCOO, retratados
COCINA ESPAÑOLA EN MANHATTAN
La química del saber hacer
MODA Y EXPERIENCIAS
París Fashion Week 2026: cuando la moda deja de ser solo un desfile