QUINTA EDICIÓN
Monterrei tiene todo listo para su Festa da Vendima
ACTIVIDADES DE VERÁN
No marco do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdad, e baixo o lema “As mesmas ilusións sen exclusións”, o Concello de Monterrei organiza o Concilia de Verán para os “pequenos grandes artistas” durante xullo e agosto, coa finalidade de facilitar a conciliación das familias.
Esta iniciativa está destinada a rapaces de 4 a 12 anos, e as actividades estarán a cargo de ArqueodidactiX, do grupo Xeitura. O obxectivo principal é ofrecer aos cativos unha alternativa lúdica durante o seu período de vacacións.
Por unha banda haberá unha quenda especial en Albarellos de 10 prazas, do 23 ao 27 de xuño e do 1 ao 5 de setembro. En xullo e agosto haberá catro quendas, con 20 prazas nas piscinas de Albarellos e outras 20 no CEIP de Medeiros. Todas terán lugar de luns a venres, de 8,00 a 14,30 horas.
A cativada poderá desfrutar nas quendas de actividades lúdicas libres e dirixidas, animación á lectura, recursos de desenvolvemento persoal e aprendizaxe de hábitos saudables.
As inscricións xa se poden realizar a través dun formulario nas redes sociais do Concello, e están dispoñibles ata as 14,00 horas do 9 de xuño, ou ata esgotar as prazas de cada quenda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUINTA EDICIÓN
Monterrei tiene todo listo para su Festa da Vendima
GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
Lo último
REPUNTE EN CASOS POSITVOS
El covid vuelve a dispararse en España antes de que llegue la temporada de virus respiratorios