SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
ALDEA DE MONTERREI
Antigamente, os seráns eran encontros festivos nos que a música tradicional, a convivencia e a troula xuntaban á veciñanza tralas longas xornadas de traballo. Inspirándose nesta esencia, a aldea da Pousa (Monterrei) creou a súa propia festa estival no 2018 para os seus 40 veciños. Así naceu o Serán da Pousa, un evento que foi gañando adeptos e que este verán cumpre un lustro.
Este ano a xornada festiva terá lugar o vindeiro 4 de xullo, sábado, e chega cargada de actividades. A programación comezará ás 11,30 horas cun paseo pola Preguiza da man da historiadora Ana Rivera, creadora de contido baixo o nome Caminandocaratras. Ao mediodía terá lugar a sesión vermú amenizada polas Kuartetas, que dará paso a un xantar conxunto. Á tarde disputarase o clásico torneo de tute, seguido dunha visita guiada á igrexa de Mixós.
A música cobrará protagonismo dende media tarde cunha foliada aberta na que participarán os grupos Kuartetas, Lirolaio, Torgueiras, María Raxeta, Os Trouleiros de Medeiros e Nova Era. Ademais, nese momento colocarase unha placa na fonte en homenaxe á xente que o pasado 16 de agosto “nos axudaron a apagar o lume”, comenta Sabela Souto, veciña e organizadora.
Para rematar o día, ás 22,00 horas celebrarase a gran cea popular que incluirá un sorteo e pechará a noite cun animado guateque. As persoas interesadas en asistir á cea, a base de bocadillos de porco asado, poden adquirir o seu tícket por 10 euros no Bazar Souto ou en brasinda.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último
PRECIOS "ASEQUIBLES"
La acampada de Vigo se mantendrá de forma "indefinida" pese al desalojo de la de Sol