SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
PROXECTO PAISACTIVO
O obxectivo da xornada foi deseñar o futuro do núcleo partindo da súa propia memoria colectiva veciñal. Os residentes en Infesta compartiron o seu coñecemento sobre os valores ambientais e os usos históricos do territorio, xa que a iniciativa busca que a planificación técnica vaia da man do saber tradicional para ser efectiva e duradeira no tempo.
O técnico de desenvolvemento rural da Fundación Juana de Vega, Fran García, sinalou que a finalidade é escoitar aos “auténticos expertos, que son os habitantantes da aldea”. Coas ideas recollidas trazarase unha “folla de ruta para o futuro de Infesta a través dun documento técnico que analiza tres ámbitos diferentes”.
Tras unha primeira parte de debate, a xornada completouse cunha ruta interpretativa por diferentes puntos de Infesta guiada polos propios veciños. Paisactivo busca protexer os asentamentos rurais e promover a súa sostibilidade integrando a planificación coa acción directa. Aínda que as demandas veciñais son numerosas, os responsables traballan para executar algunhas das accións propostas como pilotos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último