EL CONDUCTOR, HERIDO
Un menor herido y trasladado en Monterrei tras ser atropellado por una furgoneta
Estrada OU-143
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de licitar por un investimento de 1.559.597 euros as obras que completarán a humanización da travesía de Albarellos, no concello de Monterrei. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a licitación deste contrato, ao que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 21 de abril. A intervención obxecto deste contrato inclúe a construción de dous treitos de senda peonil na travesía da estrada OU-143, dando así continuidade ao tramo xa habilitado no ano 2021.
Trátase de acadar un itinerario continuo, accesible e máis seguro, ata sumar algo máis de 1,1 quilómetros de lonxitude. O obxectivo desta intervención é así incrementar a seguridade nos desprazamentos a pé dos veciños e tamén dos peregrinos, xa que esta zona coincide co paso da Vía da Prata do Camiño de Santiago. Na intervención tamén se prevé o acondicionamento do firme nesta vía e tras a execución das obras, tramitarase o cambio de titularidade da estrada en favor do Concello. O proxecto tamén contempla a humanización da contorna, pois colocaranse novos puntos de luz, plantaranse árbores como carballos e sobreiras e disporanse bancos para completar unha actuación integral na zona.O departamento que dirixe María Martínez Allegue traballa coa previsión de comezar os traballos este verán, co obxectivo de rematalos o próximo ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL CONDUCTOR, HERIDO
Un menor herido y trasladado en Monterrei tras ser atropellado por una furgoneta
RECUPERACIÓN TRAS LOS INCENDIOS
Savia nueva para el monte de A Caridade, en Monterrei, gracias a 2.300 árboles autóctonos
LUCHA CONTRA LOS INCENDIOS
Lucenza e Infesta, dos modelos en Monterrei para el medio rural del futuro
Lo último
SIN INDICIOS DE INFRACCIÓN
La Xunta archiva la denuncia de Jácome contra el interventor
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 7 de mayo?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Mira Lugo