Arqueólogo e académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes
José María Eguileta: "O Concello de Muíños foi o meu buque escola, debía homenaxealos eu”
Arqueólogo e académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes
Pregunta. Como recibiu esta homenaxe?
Respuesta. Para min é unha sorpresa moi agradable. Eu comecei a traballar alí en 1989 e rematei no 1994, continuando coa miña carreira profesional como arqueólogo municipal do Concello de Ourense e pensei que se esqueceran de min.
R. Atoparme con esta homenaxe déixame a sensación de que debera ser á inversa. Debía ser eu quen lle fixera unha homenaxe ao Concello de Muíños porque foi o meu “buque escola”. Grazas ao proxecto que fixen alí completei a tese de doutoramento, comecei a dar clases na universidade, accedín a praza de arqueólogo municipal, nomeáronme xuíz honorario do Couto Mixto, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes... E todo en certo modo naceu aí.
P. Cando comezou a túa ligazón coa Baixa Limia e o Concello de Muíños?
R. Eu á zona xa lle tiña feito un seguimento moi especial. Sempre me tirou moito o megalitismo, pero tiven moita fortuna de ter de profesor ao Xocas, que nos falaba das excavacións de Cuevillas e posteriormente descubrín o traballo de Ferro Couselo. Recén comezada a carreira, o primeiro contacto directo que tiven foi a través dun compañeiro, Xabier Perdiz, irmán de Lino Perdiz, quen foi concelleiro de cultura en Muíños. Aos dous meses estabamos recorrendo o Xurés buscando a pegada de Cuevillas.
P. Que ten de especial a Baixa Limia?
R. Hai unha concentración moi interesante de estruturas, pero en especial dous puntos: as penicháns da serra de Leboreiro e o Val do Salas. Eu descubrino cando o Concello de Muíños me convidou a iniciar un proxecto no seu territorio, e alí entrei de cheo dirixíndoo persoalmente. Centrabámonos en catalogar as estruturas, entre as que se atopan restos moi interesantes como os poboados da idade do cobre no entorno das Conchas.
R. Foi aquí, aproveitando todo este traballo máis o das moitas tardes que botei recorrendo o concello o que me serviu para realizar o meu doutoramento, que posteriormente me levaría a iniciarme na vida profesional como arqueólogo.
P. O Val do Salas, un dos grandes descoñecidos da arqueoloxía galega...
R. Ademais dos restos prehistóricos que son os que eu máis estudei, hai unha cousa moi importante, que tamén me cae de cerca, que é o Couto Mixto. Para min foi un punto de partida que me fixo acadar novas historias. Todas as zonas fronteirizas son moi especiais, e gardan partes da historia moi descoñecidas, son grandes corredores de influencia ao longo dos séculos.
P. Vostede é xuíz honorario do Couto Mixto
R. Foi polos meus traballos malia que se ían a momentos anteriores da historia cando non había sequera reinos. Para min é toda unha honra, especialmente cando nace do recoñecemento común polo que iniciei en Muíños.
P. Que diferenza a serra do Leboreiro e o Val do Salas?
R. Son dous tipos de megalitismo diferentes. O da serra de Leboreiro é de alta montaña, unha representación dos máis comúns do norte peninsular. Por outra banda está o Val do Salas, un sitio especial polas súas características ligadas a un territorio máis baixo e que xunto a outros vales acollen preto do 25% das estruturas de toda Galicia.
R. A Baixa Limia acolle estes dous espazos, os grandes megalitos distribuídos polas divisorias na serra de Leboreiro, pero ao mesmo tempo o de “fondo de val” no Salas, que moitas quedan cubertas coa subida de auga. Ámbolos territorios situados entre os 800 e os 1.200 metros de altura, e sen saír da comarca temos estes dous exemplos tan diferentes e espectaculares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arqueólogo e académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes
José María Eguileta: "O Concello de Muíños foi o meu buque escola, debía homenaxealos eu”
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños
REVELO EN MUÍÑOS
Israel León releva a Plácido Álvarez en el PP de Muíños
Lo último
CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA
Trabajadores de Minera de Rocas exigen a la CHMS desbloquear un expediente que afecta a más de 40 empleos