Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
O Concello de Muíños vén de nomear a Miguel Ángel Santalices Vieira (1955) como o primeiro fillo adoptivo do municipio, unha homenaxe que estivo arroupada por representantes institucionais, veciños de toda a comarca e familiares
Agarimo. Esa é a palabra coa que se debe lembrar a celebración que se viviu onte en Muíños. Miguel Ángel Santalices Vieira (1955) converteuse no primeiro fillo adoptivo de Muíños, unha homenaxe que o Concello lle fixo ao médico e político banduense polo seu “estreito contacto coas suas orixes, por ser un aliado incondicional, un interlocutor atento e un amigo leal de Muíños”, segundo expresou Plácido Álvarez, o alcalde do municipio.
Foi o alcalde quen elixiu a verba, agarimo, para narrar as moitas demostracións de afecto que levaron ao municipio a ampliar a súa familia. “Acompañounos nas alegrías e apoiounos nos retos, demostrando unha vontade firme de colaboración e un afecto auténtico por esta terra”.
O alcalde destacou na súa intervención que este título é “máis ca unha distinción protocolaria. É unha declaración de afecto e de profundo respecto de toda unha comarca”, falou, aclarando que ven nel “as mellores virtudes da nosa xente”.
O complexo do Corgo estivo ateigado de asistentes, entre os que se atopaba a fiscal superior de Xustiza de Galicia, Carmen Eiró; o obispo da Diócesis de Tui-Vigo, Luis Tinteiro; o conselleiro de Emprego e Comercio, José González e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; alén de outros moitos representantes institucionales, veciños e amigos do homenaxeado.
Marián Mouriño, presidenta do Celta de Vigo, foi a encargada da laudatio, na que definiu cunha soa verba a Santalices: compromiso. A presidenta afirmou que “los reconocimientos más importantes son los que nacen desde el cariño”, constatando que este é un deles. Así, Mouriño destacou que os logros do homenaxeado van máis ala dos -moitos- profesionais e administrativos, sendo que sempre “pone en el centro a las personas, especialmente aquellas estigmatizadas, y jamás ha permitido que los cargos le alejasen de la gente”. Deste xeito, a presidenta rematou confesando que Santalices é un celtista “de los de verdad”.
Acto seguido, aos dous interlocutores sumouse o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para facerlle entrega ao xa fillo de Muíños dos recoñecementos onte celebrados.
Logo foi a quenda de Miguel Ángel Santalices, que co seu carácter desterrou a solemnidade do acto, inda que fose por uns intres. O presidente máis lonvexo da cámara galega comezou recordando a Jose Luis Baltar, do que non esquece as ensinanzas e a quen lle ten “unha lealdade absoluta”. Así, agradeceu a presencia do cento de persoas que o acompañou, e aos que abraiou con varias anécdotas: dende a primeira vez que pisou Muíños con dez anos, pasando pola época universitaria que compartiu con Plácido Álvarez e mesmo con Yoshi de Los Suaves e na que “vivimos moitas aventuras”.
Continou narrando as súas primeiras experiencias profesionais na súa terra, as primeiras equivocacións e os gratos recordos que aínda conserva.
Santalices non quixo pechar a súa intervención sen mencionar a súa muller, “a miña referencia en valores. Ogallá algún día poida estar á túa altura”.
O encargado de pechar o acto foi Luis Menor que declarou a Santalices o mellor reflexo do “auténtico servizo público” polo coidado dos demais, en referencia á súa condición de médico, e presidindo o Parlamento de Galicia desde 2016, o cal lidera “sen soltar xamais a man dos pobos e as xentes que vertebran a nosa identidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Comida do Galo Pica No Chan e do Becerro do Xurés ao Espeto
La tradición de Muíños citó a cerca de mil comensales
TRASLADADA EN HELICÓPTERO
Una menor herida grave al ser impactada por una carrilana en el Descenso de Carrilanas de Muíños
SALUD EN VERANO
Pilates al aire libre, terapia contra el calor en Muíños