O Barco facilita a obtención de titulacións en competencias dixitais
NOVAS TECNOLOXÍAS
Os veciños do Barco poderán examinarse do Certificado Galego de Competencias sen saír do municipio
O Concello do Barco de Valdeorras albergará as probas presenciais para obter o Certificado Galego de Competencias Dixitais (Comdix) promovido pola Xunta, e que certifica o nivel dunha persoa no uso de tecnoloxías dixitais, útil para acreditar as habilidades fronte a empresas e institucións, favorecendo as oportunidades laborais.
A proba do nivel de iniciación terá unha duración máxima de 90 minutos, e para superala é necesario acadar un mínimo do 70% de acertos no total de entre 60 e 70 preguntas do exame, coas que se avalían as competencias dixitais establecidas no Marco Galego de Competencias Dixitais.
Data
No caso do Barco, celebrarase o 30 de outubro, xoves, ás 12,00 horas, na aula CeMIT situada no segundo andar do edificio multiusos da Casa consistorial.
A inscrición está aberta á cidadanía en xeral, sen requisitos previos, e está dispoñible ata o 24 de setembro na web do Cemit (cemit.xunta.gal). Dado que as prazas son limitadas, o día 25 realizarase o sorteo, e entre un e dous días despois publicarase na web a listaxe provisional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DELITO CONTRA LA SALUD PÚBLICA
Detenido en A Rúa un vecino de O Barco con 50 gramos de cocaína
"VINDE TODAS"
El De Perto llenó O Malecón con “Dous ollos de vidro”
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%