O Barco pon o foco na educación en igualdade
IGUALDADE DE XÉNERO
De Nai a Nai organiza unha charla dirixida a familias e centros educativos
A asociación De nai a nai, coa colaboración do Concello do Barco, organiza este sábado 26 de setembro unha xornada para falar sobre a educación en igualdade de xénero. A actividade será ás 17,00 horas no Salón de Actos do Concello e contará coa participación de Vera Ríos Carrillo, especialista en igualdade de xénero e dereitos humanos.
A xornada nace da preocupación da asociación pola presenza de comportamentos, comentarios e actitudes machistas entre nenos, nenas e adolescentes. Desde De nai a nai sinalan que algunhas bromas ou comentarios poden parecer sen importancia, pero poden acabar normalizando situacións de desigualdade e influír na maneira na que os máis novos se relacionan cos demais.
A proposta busca ofrecer ás familias e á comunidade educativa ferramentas para identificar estas situacións e saber como actuar ante elas. A asociación considera que os menores aprenden non só na casa e no colexio, senón tamén cos seus amigos, nas redes sociais, nos medios de comunicación e cos exemplos que ven ao seu redor. Por iso, na xornada preténdese compartir experiencias e reflexionar sobre como educar en igualdade.
Vera Ríos Carrillo conta con máis de dez anos de experiencia no ámbito da igualdade e dos dereitos humanos. Entre 2022 e 2025 traballou na Oficina de ONU Mulleres en Xenebra, onde participou en procesos internacionais relacionados cos dereitos humanos e a igualdade de xénero. Na actualidade traballa como consultora independente nestes ámbitos e realiza labores de sensibilización contra a discriminación das mulleres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sergio Otamendi
CRONICA INTERNACIONAL
Ucrania: se enredan las negociaciones
BATALLA JUDICIAL EÓLICA
Desestimado el recurso de los ecologistas contra el eólico Serra do Faro
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Fotoperiodistas