A apalpadora conquista Carballiño entre cantos e foliada
FIGURA DO NADAL
O Carballiño convidou a unha mítica figura do Nadal para que compartise a súa historia. A visita da apalpadora deu lugar a unha festa á que acudieron numerosos cativos.
A apalpadora descendeu as montañas galegas para visitar O Carballiño por primeira vez. Este sábado achegouse á tenda OZOCOgz, que o ano pasado recibira ao seu pai, a mítica figura do apalpador, para compartir a súa historia coa xente da zona.
Non chegou soa. Apareceu en medio dunha festa chea de música, animada polo grupo de pandeireteiras do taller que se organiza desde setembro no mesmo local. A celebración contaxiou así a contorna da rúa Curros Enríquez, que parecía unha auténtica foliada. Alí, xente de todas as idades descubriu unha parte da tradición propia do Nadal en Galicia, mentres escoitaba cancións que evocan as raíces da comunidade.
Reivindicar a cultura local é un dos principais obxectivos dos organizadores. Para Reme Forneiro e Eladino Cabanelas, responsables de OZOCOgz, resulta “imprescindible” pór en valor as costumes propias con iniciativas coma esta. “Cunha cultura tan rica queremos fomentar o noso sen deixarnos invadir polo que vén de fóra. Queremos crear tradición”, sinala Forneiro. Cabanelas e ela consideran unha sorte contar cunha figura como a apalpadora, que, aínda que menos coñecida que a súa contraparte masculina, forma parte da memoria colectiva.
Nadal galego
Entre as pandeiretas e as gaitas, a apalpadora visitou aos máis pequenos da vila para falar con eles sobre a súa lenda. A este personaxe deu voz Antía Vázquez, da compañía Velaísca, quen leva oito anos desenvolvendo este proxecto a través dun espectáculo de contacontos e dun libro infantil. “Desta maneira damos a coñecer á apalpadora a todos os recunchos de Galicia”, afirmou, xusto antes de saír ante o público.
Tamén foi unha tarde especial para o grupo de pandeireteiras, que celebraba a súa primeira actuación. A elas sumáronse outros participantes, entre eles o seu profesor, Isidro Vidal, así como algúns nenos que levaron os seus propios instrumentos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
La Región
El derecho a morir
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano