GALA EN O CARBALLIÑO
As Escolas Semente son premiadas co Corcheiro
GALA EN O CARBALLIÑO
No ano 2011, as Escolas Semente naceron como unha agrupación sen ánimo de lucro que traballa para poñer en valor a lingua galega como resposta a redución da súa presenza nas aulas dende o 2010, baseándose nun modelo educativo multilingüe aditivo: desde o galego, o alumnado coñece outros idiomas.
Pola súa “pedagoxía inclusiva e renovadora, co galego como lingua vehicular”, a Asociación Cultural Avantar distinguiu ás Escolas Semente co premio Ernesto Atanasio “O Corcheiro” de 2026. A gala tivo lugar este sábado, no salón de actos do casino do Carballiño, á que asistiu Santiago Quiroga, coordinador nacional desta iniciativa de inmersión linguística, quen, horas antes do acto, expresaba: “Recibir este galardón é un orgullo e un sentimento de responsabilidade. Coñecemos a figura de Ernesto Atanasio e entendemos que a súa traxectoria vital está ligada a principios que son fundamentais do noso proxecto. Un deles, o seu compromiso coa nosa lingua e cultura”. Quiroga relataba que as Escolas Semente comezaron cun único centro educativo en Compostela; agora son cinco, distribuidos por máis zonas da comunidade, e suman máis de 140 alumnos e máis de medio milleiro de socias en todo o país. “Estamos moi contentas pola acollida que tivo Semente; vivimos os primeiros anos de crecemento e agora estamos nunha fase de estabilización”, mencionaba, agradecendo ademais o apoio recibido por parte da organización do premio: “O traballo de dinamización cultural e lingüística que fai Avantar é algo co que nos sentimos identificadas e partimos do mesmo obxectivo de ter unha Galicia na que a nosa lingua estea plenamente normalizada”.
Durante o acto, o coordinador fixo un recoñecemento ao labor de Avantar e das organizacións e institucións participantes, así como aos músicos Marta Bravo e Sergio Tannus, que ofreceron unha actuación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA EN O CARBALLIÑO
As Escolas Semente son premiadas co Corcheiro
“Mi Luis no es un Vuitton”
De confidente en una tienda de chucherías en O Carballiño a escritora: la historia de Nakary Agüero
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Condenado por tocar el culo a una mujer e intentar besarla en O Carballiño
ACTO CONMEMORATIVO
La memoria del IES número 1 do Carballiño con 50 años de historia
Lo último
nuevos materiales
Las grandes economías compiten por los minerales de África
TEJIDO CULTURAL
A Pantalla sopló sus 30 velas en favor del Entroido de Xinzo