As Riscadeiras animarán a feira

LETRAS GALEGAS

O grupo de cantareiras e pandereteiras As Riscadeiras, do Centro Sociocomunitario, actuarán por primeira vez na rúa da man do Concello do Carballiño para celebrar as Letras Galegas. Ofrecerán unha selección do seu amplo repertorio na Praza Maior.

As Riscadeiras animarán a feira | La Región

As Riscadeiras preséntanse en sociedade esta próxima feira do 16 de maio no Carballiño para darse a coñecer desde a Praza Maior, ás 12,00 horas, e a partir da colaboración que se manterá no sucesivo entre o Concello e o Centro Sociocomunitario, a cuna deste grupo de cantareiras e pandereteiras, dirixido na actualidade por Lorena Crespo, unha xoven mestra que toca e canta desde que tiña 3 anos.

Son en total 21 cantareiras (entre elas un home), dentro do grupo de aprendizaxe avanzado, que xa fixeron algunhas actuacións en residencias de maiores, colexios e nalgunha celebración, e que por primeira vez sairán agora a rúa para ofrecer unha selección do seu amplo repertorio musical. Ademais, tamén funciona no centro outro grupo de oito mulleres que aínda están na fase de iniciación.

Ao preguntarlles sobre o que lles aporta formar parte das Riscadeiras, “moito” é o primeiro que se lles vén á cabeza, máis alegría, compañía, equilibrio mental e porque desta maneira contribúen a que “non se perdan as nosas raíces”.

Elas forman parte da gran familia do Centro Sociocomunitario, dirixido por Yolanda González e o seu equipo, que conseguiron abrilo a todas as idades cunha ampla oferta de actividades. Desta maneira, apuntaba a directora que a media de asistencia ronda as 250 persoas diarias. Non é de estrañar, porque alí a actividade é casi frenética, con clases de pilates (6 grupos), body balance (4), yoga (4), cachibol, zumba (3), baile latino (2), baile moderno (3), ademais de obradoiros de memoria, habilidades sociais e teatro, entre outros, aos que se engaden as actividades puntuais que se organizan cada mes relacionadas con música, sanidade ou coas manualidades, e cunha media de participación entre as 20 e as 25 persoas.

“Vos sodes as protagonistas”, sempre dispostas a actuar onde vos chaman, apuntaba Yolanda González, que agradecía tamén a presenza do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, na presentación das Riscadeiras. O representante municipal ensalzaba a súa contribución “na defensa da cultura galega. Sodes persoas que dades exemplo a outras”, engadindo que a idade non é ningunha barreira e destacando as Letras Galegas que “este ano teñen un significado moi especial”.

María Hermida
María Hermida | La Región
O grupo achégame moita alegría e ademais axudamos a que non se perdan as nosas raíces — María Hermida
Aurelia González
Aurelia González | La Región
Vivo soa e aquí podo relacionome con moita xente, neste grupo estou moi contenta — Aurelia González
María Munín
María Munín | La Región

Contenido patrocinado

stats