OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar
O vindeiro sábado 12 de xullo, O Carballiño énchese de cor, música e humor coa celebración do seu Entroido de Verán, que combina tradición, humor e moita participación popular.
O programa comezará ás 20,00 horas co gran Desfile de Comparsas, que percorrerá as rúas máis céntricas da vila -desde a Praza da Veracruz ata a rúa Rosalía de Castro-, enchendo as rúas de alegría e disfraces. Participarán as seguintes agrupacións: Asociación Cultural Os Arrieriños de Dacón; Asociación Cultural Os Azucarados de Maside; Asociación Cultural Os Nevadiños; Asociación Cultural Amigos de Partovia; Asociación Cultural Os Picapezas de Cea “La Roca”; Asociación Cultural Os da Caña (Marín); Parada de Amoeiro “Velero Pachá”; Asociación de Veciños Parroquia de Mandrás “Brasa” e Asociación de Veciños Parroquia de Mandrás “Madeiras Carrilás”.
Unha vez rematado o desfile, a celebración trasladarase á Praza Maior, onde a Disco Apocalipsis On Tour ofrecerá un dobre pase musical: de 21,30 a 22,30 horas e de 23,30 a 01,30 horas, cun espectáculo de música e animación que converterá o centro da vila nun encontro festivo.
Co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento do evento, as distintas áreas do Concello do Carballiño implicadas na organización xa mantiveron reunións de coordinación coa Policía Local, servizos de emerxencia e outros organismos, para activar un dispositivo de seguridade que permita gozar do Entroido de Verán con todas as garantías para participantes e asistentes.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, anima “a todo o mundo a achegarse e pasalo ben nun Entroido de Verán que facemos entre todos e para todos, co obxectivo de encher O Carballiño de ambiente, música e bo humor; traendo a esta tempada de verán unha tradición como a do Entroido, que tanto nos gusta”.
O Entroido de Verán 2025 promete ser unha gran cita aberta a todos, cun ambiente único e o espírito entroideiro por bandeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA