A PARTIR DEL 26
“CarbaNadal”, parque de atracciones navideño en O Carballiño
XORNADA LITERARIA
A Fundación Insua dos Poetas recibe a primavera coa celebración da Poesía, a Árbore e a Auga, este próximo venres, 28 de marzo, despois do necesario aprazamento da actividade prevista para o pasado día 21 por causa das condicións meteorolóxicas adversas.
Nesta cita na Insua dos Poetas, situada na Esgueva de Madarnás (Carballiño), serán de novo os escolares dos centros de ensino da comarca os protagonistas desta xornada literaria, musical e de ocio. Contarase coa participación de dez centros xunto co colexio de Castro Caldelas, como convidado especial, reunindo nesta paraxe natural e cultural ao redor de 400 persoas entre alumnos, profesores e demais asistentes.
O Parlamento e a Xunta de Galicia declararon este 2025 Ano Castelao, polo 75 aniversario do falecemento de Alfonso Daniel R. Castelao. Así, Castelao, vida e obra, e a Poesía popular (sobre a que versará o Día das Letras Galegas) serán os temas a desenvolver, a partir das 11,00 horas.
Haberá actuacións literario-musicais a cargo dos escolares; tamén se fará entrega de lotes de libros aos distintos centros e na segunda parte do acto vaise proceder, como en anteriores edicións, á plantación de árbores autóctonas.
A actividade conta con apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A PARTIR DEL 26
“CarbaNadal”, parque de atracciones navideño en O Carballiño
REUNIÓN EN SAN CAETANO
La Xunta respalda sumar un nuevo centro de día para mayores en O Carballiño
SOBRE RUEDAS
Galería | Carballiño celebra el XX Día da Bici
ESTUDIOS EN TERMALISMO
Marita Souto, reconocida con el Torques de Honra
Lo último