O comercio asociado de Carballiño premia as compras do Día do Pai

O Centro Comercial Aberto do Carballiño lanza unha campaña entre o 10 e o 19 de marzo para promover as compras no comercio local polo Día do Pai, sorteando vales de compra e lotes gourmet entre os clientes que rexistren os seus tíckets na web do CCA.

Día del Padre
Día del Padre

O Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA) lanza a unha nova campaña co obxectivo de promover as compras no comercio local durante o Día do Pai e premiar a fidelidade da súa clientela. Esta iniciativa conta co financiamento da Xunta de Galicia e desenvólvese entre o 10 e o 19 de marzo. 

Os clientes dos establecementos asociados entrarán nun sorteo de dous vales de compra de 50 euros cada un e 2 lotes de produtos gourmet, para elo deberán rexistrar os seus tíckets de compra na páxina web do CCA ata o19 de marzo, en que se levará a cabo o sorteo ás 12,00 horas. 

O presidente do CCA, Julián Garriga, subliñou que “para agasallar, xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios do Carballiño, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis. Para sorprender aos papás atoparán de todo, xunto a un trato personalizado e próximo”.

Contenido patrocinado

stats