O Insua Fest une música e poesía no Carballiño
A ESGUEVA
La tercera edición del Insua Fest reunió en A Esgueva a cuatro propuestas musicales emergentes de Galicia en una cita que combina música y poesía y reivindica el uso de la lengua gallega entre las nuevas generaciones
O Insua Fest voltou este sábado á Esgueva (Madarnás-O Carballiño). O programa desta terceira edición incluíu a intervención de catro artistas e bandas de música emerxente de diferentes lugares de Galicia: Atlanticides, Diego Castro e Os Impostores, MJ Pérez e Goshtey. Presentaro o festival Alexandre Corbillón e Khady Gueye.
Detrás da organización do evento está a Fundación Insua dos Poetas, que dispón da colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e Concello do Carballiño. “O obxectivo é achegar este tipo de actividades á xeración máis actual, á xente máis nova”, explicou o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, quen seguidamente explicou que “estamos vendo que, neste momento, a lingua galega é coñecida, estúdana e coñécena, pero non a utilizan. Hai que dar posibilidades para que empreguen o galego”.
O festival que comezaba a súa andadura hai dous anos aúna música e poesía, combinando así dúas formas de expresión co cal consigue divulgar a creación musical máis actual con propostas emerxentes, pero sempre caracterizadas polo emprego da lingua galega nas súas creacións, nunha iniciativa que está sendo moi ben acollida polo público e que a Fundación pretende impulsar nos vindeiros anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último