COMISIÓN EUROPEA
Mina Doade supera un recurso judicial europeo
DÍA DO LIBRO
Cinco colexios da provincia con 230 alumnos acompañados polos seus profesores celebraron co resto do público asistente o Día do Libro na Insua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás, no Carballiño. Neste evento tiveron tamén un protagonismo importante os 10 escolares gañadores do primeiro Certame escolar de poesía e narración, Castelao na Insua, que leron os seus traballos e recibiron de mans das autoridades presentes 100 euros e un diploma acreditativo.
Os gañadores son: “Puzzle Vital”, de Gabriela Fernández; “A carreira de Xoaniña”, de Gaia Janeiro; “Por que”, de Breogán Borrajo; “Europa”, de Sara Antía Fernández; “O segredo do vello”, de Fernanda Sofía Rodríguez; “Gallaecia”, de Nicole Alonso; “Xoán o ruso”, de Isaac Vázquez; “Durme neno durme”, de Nerea Paz; “Chousas”, de Leire de Castro, e “Xosé era un home de aldea”, de Saleta Pérez.
En total optaron 147 obras, entre as modalidades de narrativa e poesía, sendo maioritario o número de relatos, e “a maioría dos participantes mulleres. Son traballos de moita calidade, con moita vocación, serán os futuros escritores porque este certame ten como principal obxectivo despertar a vocación literaria e estamos moi satisfeitos porque foi todo un éxito”, sinala o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar. O certame terá continuidade en anos sucesivos ao redor doutros escritores, “nos que se inspiren os estudantes para construír os seus traballos”, matiza Tosar, quen engade que “estamos moi sorprendidos e contentos pola participación elevada e a calidade”.
“Castelao aínda ten moito que decirlle ás novas xeracións, a estes rapaces que poden recibir a mensaxe con proxección de futuro”, apuntaba González Tosar na semblanza sobre Castelao.
Tras a entrega dos premios, tres grupos realizaran unha visita guiada polos membros da fundación polas 20 obras artísticas, abordando a vida e obra dos escritores homenaxeados cada ano na Festa da Palabra. Como representantes institucionais asistiron José Castro e Lorena Castro, tenente alcalde e edil de Educación do Carballiño; César Fernández, vicepresidente da Deputación, e Jorge Rubén Sampedro, director provincial de Educación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMISIÓN EUROPEA
Mina Doade supera un recurso judicial europeo
SESIÓN GRATUITA
O Carballiño celebra el Día del Yoga al aire libre
DEDICADO A LAS CANARIAS
Gastronomía y naturaleza en el cartel de la Festa do Pulpo de O Carballiño
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia