ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
DÍA DO LIBRO
A Insua dos Poetas acollerá o próximo venres 9 de maio unha nova celebración do Día do Libro, que este ano terá a Alfonso R.Castelao como principal protagonista coincidindo co Ano Castelao.
Neste acto participará o alumnado e profesores do IES Otero Pedrayo (Ourense), IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia), IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova), CPR Vila do Arenteiro (Carballiño) e CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas).
O encontro literario está previsto para as 11,00 horas con entrada libre para todas as persoas interesadas en asistir. A Fundación Insua dos Poetas, que preside o escritor Luís González Tosar, tamén ten previsto para esa xornada un roteiro guiado pola insua para dar a coñecer as obras artísticas que alí se expoñen e tamén o espazo natural que ocupa sete hectáreas.
Este ano, coincidiendo coa celebración o 19 de xullo da Festa da Palabra colocarase unha nova escultura, e xa serán vinte, neste caso do artista Antón Pulido e dedicada a Castelao.
Ademais, no transcurso do evento deste venres tamén se darán a coñecer os premios do Certame escolar de poesía e narración, Castelao na Insua, convocado pola Fundación Insua dos Poetas, que anima ao público a asistir a este acto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último