Programa do maio cultural do Carballiño: datas e horarios
ACTIVIDADES
O Concello do Carballiño e as asociacións ofrecen un completo programa de actividades e espectáculos
Unha vintena de actividades animarán este maio cultural no Carballiño, ofrecendo a Concellería de Cultura, en colaboración con diversas entidades, concertos, teatro, cine, espectáculos de maxia e humor, e fotografía.
A música será protagonista con diversas actuacións ao longo do mes, comezando o día 11, ás 19:30 horas co Concerto Carmela, que é a visión musical da tradición oral de Carme López; ao día seguinte, ás 18:00 horas o Conservatorio de Música ofrecerá o recital fin de grao; continuando o cartel músical o día 13, ás 10:30 e 12:00 horas coa presenza de Caxoto e o espectáculo “Unha noite no muíño…”, un espectáculo ao redor das celebracións tradicionais. Todas estas actuacións serán no Auditorio Manuel María.
Para o día 16 está prevista a actuación das Pandereteiras As Riscadeiras do Centro Sociocomunitario e o 24 de maio na tenda Ozoco GZ terá lugar a Foliada de Avantar, ás 18.30 horas, tamén coa presentación do libro “Cantareiras”de Icía Varela e Xosé Manuel Varela e un obradoiro de pandeireta. O Conservatorio de Música ofrecerá o 27, no Auditorio, a partir das 10:30 horas Musilandia.CMUS; e ao día seguinte, ás 11:30 horas, o espectáculo das cantarerias “Axúdame a cantar”; rematando a programación musical co II Festival de Percusión Carballiño Soa.
En canto ao teatro, a Rede Provincial de Auditorios presenta o día 10, ás 20:00 horas, “Escándalo´s” de A.C. Esteta de Taboadela; e o 18, ás 18:00 horas, teatro infantil “Máis Saaabor!” de Culturactiva. Continúa o día 19, ás 11:30 horas, con “Made in Galicia”, de Sarabela Teatro, con entrada de balde. Todas as representación no Auditorio.
O día 23 de maio, no mesmo escenario e a mesma hora, será o monólogo de Touriñán “Aquí tou”, ás 21:00 horas, que repetirá función ás 23:00 horas.
Tamén haberá espectáculo de maxia con Shado Cleptómago, o día 24, ás 18:30 horas; e Cine Club ofrecerá como fai ao longo do ano varias películas; mentres O Potiños organiza para o 25 “Pon unha foto na rúa”, ofrecendo tamén diversas exposicións. Finalmente, o Concello realizará o mural “As cantareiras e a poesía galega oral”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Manuel Fernández Ordóñez
La fantasía energética
TERCERA FEDERACIÓN
El Arenteiro recibe al Céltiga, rival directo por la salvación
MAS DE 200 PIEZAS
Dalí y la moda: el cuerpo como primer objeto surrealista
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Llévenselo