TRES DÉCADAS DE SERVICIO
Carballiño rinde homenaje al exjefe de la Policía Local
HOMENAXE A CASTELAO
O Concello do Carballiño acolleu este xoves a presentación da XVII Festa da Palabra, que terá lugar este sábado ás 11,30 horas na Insua dos Poetas, e que renderá homenaxe ao legado cultural, político e literario de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), no 75 aniversario do seu pasamento.
O evento, impulsado pola Fundación Insua dos Poetas, converterá A Esgueva (Madarnás) na capital da cultura e lingua galegas. José Castro, alcalde en funcións, e Diego Fernández, concelleiro de Cultura e representante do Concello na Fundación, puxeron en valor a importancia da Festa da Palabra e da Insua na conservación e divulgación da cultura galega.
A Festa da Palabra contará coas actuacións dos gaiteiros da Coral De Ruada e do Grupo Tres Pesos e finalizará cun xantar popular. Como cada ano, na celebración descubrirase a nova instalación escultórica da Insua, neste caso realizada polo escultor ourensán Antón Pulido en homenaxe a Castelao.
“Non é que Castelao non teña imaxes icónicas ao longo de Galicia e Arxentina, pero son representacións realistas a maior parte delas, e o esforzo e o traballo de Antón Pulido deron como resultado outro tipo de imaxe”, explicou Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas.
No evento poderase adquirir o libro “Castelao escritor”, recentemente publicado pola Editorial Galaxia con textos de Eduardo Blanco Amor editados por Luis González Tosar e Alexandre G. Corbillón, e que recolle ensaios e análises da obra de Castelao como defensor do Estatuto de Autonomía, como caricaturista crítico ou como autor de textos sobre a emigración e o exilio.
Tosar adiantou os nomes dos sete galardoados deste ano, que recibirán unha escultura honorífica obra do ourensán Acisclo Manzano: o novelista César Lorenzo, a xornalista María Xosé Porteiro, a Editorial Galaxia, o Cineclube Padre Feijóo, a Irmandade da Sanidade Galega, o CEIP Curros Enríquez de Celanova e Ramón Aguiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES DÉCADAS DE SERVICIO
Carballiño rinde homenaje al exjefe de la Policía Local
FESTA DO PULPO
O Día da Emigración comeza a conta atrás no Carballiño
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Burning triunfó en O Carballiño?
ESPACIOS PÚBLICOS
Alumnos del obradoiro dual ya hacen prácticas en O Carballiño
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata