A Semana Santa avanza para ser Festa de Interese Turístico en Carballiño

SEMANA SANTA

O expediente sobre o recoñecemento está pendente agora da aprobación do Consello da Xunta

Ceremonia de Semana Santa en la Veracruz.
Ceremonia de Semana Santa en la Veracruz. | Lucía Otero.

O Consello do Turismo de Galicia informou favorablemente sobre a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia a Semana Santa de Carballiño, tras a solicitude promovida pola Cofradía de la Vera Cruz, respaldada polo Concello.

Este expediente, xunto cos da Festa das Carrozas do San Cidre (Boqueixón); da Feira tradicional dos Remedios (Ponteareas) e da Feira Cabalar do San Martiño de Francos (Teo), continuará agora a súa tramitación someténdose á aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta de Galicia.

Así, destacan desde o Consello do Turismo de Galicia que “a Semana Santa do Carballiño comezou en 1893 coincidindo coa fundación da parroquia de San Cibrao do Carballiño. A súa celebración da conta do profundo arraigamento popular en toda a comarca liderada pola Cofradía de la Vera Cruz constituída en 2007”.

A cofradía intensificou este ano a programación a espera deste recoñecemento, que sigue o seu curso, segundo acaban de confirmar os responsables de Turismo de Galicia. Esta edición contempla conferencias, dous roteiros guiados, unha exposición, un concerto de música e seis procesións e actos litúrxicos que contarán co acompañamento de sete bandas, tres corais e oito saeteiros.

Ademais, incorpórase un novo paso con unha nova imaxe, a da Nosa Señora da Dulce Esperanza que sairá o Xoves Santo custodiada polos nazarenos.

Contenido patrocinado

stats