TRES DÉCADAS DE SERVICIO
Carballiño rinde homenaje al exjefe de la Policía Local
TURISMO
O Centro de Estudos Chamoso Lamas está ultimando a edición dun libro-guía do Templo da Vera Cruz como complemento das iniciativas desenvolvidas o pasado ano con motivo da celebración do centenario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios.
A entidade anuncia, ademais, que se suma o próximo 8 de maio á homenaxe póstuma ao arquitecto e urbanista José Fariña Tojo, que lle ofrece a Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
José Fariña, fillo de Xosé Fariña Jamardo, que viviu no Carballiño ata os dez anos, mentres seu pai exerceu de secretario do Concello, faleceu o pasado 4 de febreiro tras unha longa enfermidade que lle impediu pronunciar a conferencia inaugural do XIII Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Dita conferencia ía versar sobre a faceta urbanística de Antonio Palacios, arquitecto do Templo da Veracruz. Este traballo, que foi un dos derradeiros que publicou José Fariña no seu bloc dixital co título de “Antonio Palacios, más que un arquitecto”, será incluído no contido do libro que tamén elabora neste momento o colectivo carballiñés coas máis dunha vintena de investigacións presentadas neste congreso.
Por outra banda, a entidade programa diversas rutas a concellos do Ribeiro para coñecer os achádegos arqueolóxicos dirixidos polo arqueólogo Jorge Lamas, integrante do colectivo carballiñés, ademais doutros aspectos relevantes do patrimonio cultural e histórico de concellos como Boborás e Avión, entre outros; e tamén a andaina nocturna aos petroglifos de Cangues. Estas rutas polos concellos, que terán lugar en sábados pola mañá, serán anunciadas con antelación para que se poidan inscribir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES DÉCADAS DE SERVICIO
Carballiño rinde homenaje al exjefe de la Policía Local
FESTA DO PULPO
O Día da Emigración comeza a conta atrás no Carballiño
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Burning triunfó en O Carballiño?
ESPACIOS PÚBLICOS
Alumnos del obradoiro dual ya hacen prácticas en O Carballiño
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico