REHABILITACIÓN Y EMPLEO RURAL
La Xunta anima a rehabilitar viviendas en O Carballiño para trabajadores
"TREIDES COMIGO!"
O músico presentarase na igrexa da Veracruz, no Carballiño, o vindeiro sábado, 27 de decembro, co seu concerto “Treides comigo!”, onde interpretará cancións do seu último disco.
Pregunta. De cara ao concerto no Carballiño, como se está a preparar?
Respuesta. Cunha mestura de concentración, ilusión e traballo. Actuar nun espazo como a igrexa da Veracruz é unha responsabilidade. É un lugar impresionante arquitectonicamente e convida á escoita profunda. Nese contexto, penso que a interpretación vólvese máis contida e máis sincera, e a relación co público é unha experiencia compartida, case ritual. Por iso agradezo a Turismo de Galicia, que promove o concerto e apoia ao Concello do Carballiño, que nos abriu as portas amablemente.
P. Como definiría a súa música e a súa visión dela? Cambiou co paso dos anos?
R. Co tempo fun simplificando a miña forma de crear, buscando chegar á esencia e á alma das cancións desde unha perspectiva máis minimalista. Antes facía cancións tan complicadas que hoxe en día non sabería como tocalas, porque non me lembro do que facía coa guitarra. A experiencia acumulada durante 20 anos e o traballo con outros músicos deron persoalidade propia a cada un dos meus sete discos. O último, “Treides comigo!”, levoume a un son moi particular e mergulleime na lírica galego-portuguesa.
P. De onde xurdiu a idea de fusionar sons contemporáneos con cantigas medievais e como foi o proceso creativo?
R. A idea xurdiu dun concerto en Bóveda, onde colaborei co Concello para musicalizar varias cantigas de Pero de Veer. Posteriormente, compuxen sobre cantigas doutros trobadores ata crear o disco. Seleccionei dez cantigas, e nos útimos anos engadimos novo material, combinando o espírito medieval con sons contemporáneos para crear unha fusión persoal e actual.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REHABILITACIÓN Y EMPLEO RURAL
La Xunta anima a rehabilitar viviendas en O Carballiño para trabajadores
COMISIÓN EUROPEA
Mina Doade supera un recurso judicial europeo
Lo último
REPARACIÓN DEL PAVIMENTO
Cortes de tráfico en la avenida de La Habana por obras del 29 de junio al 6 de julio