LICITACIÓN DE LAS OBRAS
Vecinos de Irixo urgen proteger las captaciones tras los problemas con el suministro de agua
CONCENTRACIÓN PARCELARIA
No concello do Irixo sábese moi ben o que significa lidar co minifundismo, e non é de estrañar que leven décadas tentando darlle solución a un problema que xa se incrustou na paisaxe das súas terras. Son 12 as parroquias da zona afectadas pola excesiva fragmentación de parcelas, o cal deu lugar a terreos aparentemente abandonados, e ata agora non se aplicou ningunha medida concreta para poñer fin a este desafío.
Cara ao extremo norte do concello atópase a parroquia de San Cosme de Cusanca, onde en 1964 se suxeriu a concentración parcelaria como medida para acabar co minifundismo, agrupando as fincas pequenas e dispersas noutras de maior tamaño. A proposta foi denegada, aínda que pronto se fixo evidente o arrepentimento por esa negativa: o resultado foi a emigración masiva dun gran número de familias de San Cosme e da parroquia colindante, O Campo, que non podían vivir de parcelas de tan pouco rendimento.
Para a comunidade local a situación era insostible.
Constituíuse entón unha asociación de veciños no ano 2000 que tiña como un dos seus obxectivos atender ao problema do minifundismo, pero as respostas que recibían as súas solicitudes eran case sempre desesperanzadoras. “Soíannos dar argumentos como que na nosa zona hai poucas explotacións ou que está moi degradada... Pero malia o desánimo, nunca nos rendemos na nosa loita”, explica Dolores Dacosta, actual presidenta da asociación.
O xoves 20 de novembro formulouse un novo escrito dirixido ao presidente da Xunta no que se reiteraba a petición da Asociación e o desexo unánime dos veciños de que se leve a cabo a concentración parcelaria na parroquia; este documento foi asinado pola práctica totalidade dos habitantes. “Opino que se está a discriminar o concello do Irixo, un dos lugares con maior minifundismo en España, e condenouse a San Cosme ao abandono absoluto neste tema”, reafirma Dacosta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LICITACIÓN DE LAS OBRAS
Vecinos de Irixo urgen proteger las captaciones tras los problemas con el suministro de agua
CONCENTRACIÓN PARCELARIA
San Cosme quere poñer fin ao minifundismo
"NON TEÑO NIN GOTA DE AUGA"
Vecinos de O Irixo llevan meses sin agua potable
Lo último