GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
Festa
O Concello de Avión volverá, un ano máis, a poñer en valor a cultura de México por ser o país ao que emigraron unha gran cantidade de veciños do municipio e, por elo, o venres, 10 de agosto, a vila acollerá a XIV edición da súa tradicional “Festa Mexicana”. A presentación desta celebración cultural tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Avión, Antonio Montero, e a responsable da Festa, Isabel Gabián.
A festa, que comezará a partir das 18,30 horas, homenaxeará á cultura deste país ofrecendo aos asistentes música en directo a cargo de dúas agrupacións de mariachis, gastronomía tradicional a través de catro restaurantes mexicanos afincados en diferentes puntos da xeografía galega, e actividades gratuítas para os máis cativos. Asemade, haberá sorteos de produtos mexicanos, así como unha “piñata”, tanto para nenos como para adultos. Montero sinalou que esta festividade naceu co obxectivo de “render homenaxe a toda a emigración do noso municipio e para que sexa un sitio de encontro de moitos dos nosos emigrantes".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro