GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
FORMACIÓN
Os balnearios de Laias (no concello de Cenlle) e Arnoia acollerán ao longo do próximo mes de marzo unha parte das prácticas dun novo curso académico de formación de futuros facultativos na cura termal, organizado pola Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia.
A materia de Hidroloxía Médica comezou a impartirse na Universidade de Santiago en 2006, froito dun acordo coa Asociación de Balnearios de Galicia. Catro anos despois nacía, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a Cátedra de Hidroloxía Médica, a segunda que existía en España, e que forma cada ano a máis dun centenar de alumnos. Este ano o número de prazas será de 120.
Os alumnos, todos eles de sexto curso do Grao de Medicina, participarán en sesións teórico-prácticas de fin de semana nos balnearios de Laias e Arnoia, e tamén nos pontevedreses de Mondariz e Caldelas de Tui; e os lucenses de Augas Santas (Pantón) e Balneario de Lugo-Termas Romanas.
Nestas sesións, impartidas polos directores médicos e profesionais de cada centro, abordarase o valor terapéutico das augas mineromedicinais no tratamento das enfermidades reumatolóxicas e nas patoloxías reumáticas crónicas; no tratamento dos pacientes xeriátricos; no deporte e tamén en pediatría.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
Lo último